Thursday 09 de May de 2024

Corentae nove nenos participan no campamento urbano que se realiza no pavillón do instituto


O programa inclúe diversidade de obradoiros, xogos e festa con inchables.

O Concello da Laracha empezou esta semana co seu programa de actividades de verán, que inclúe propostas especialmente dirixidas aos nenos como medio de ofrecerlles a eles alternativas para o aproveitamento do seu tempo libre e, aos seus pais, unha axuda para a conciliación da vida persoal, familiar e laboral durante as vacacións do verán.

Nesta semana estase a levar a cabo o campamento urbano no que participan case medio centenar de nenos de idades comprendidas entre os catro e os seis anos. Desde o luns e ata o venres realizarán diversas actividades educativas, deportivas e ludo-recreativas nas instalacións do pavillón do IES Agra de Leborís durante toda a mañá, desde as 9:30 ata as 13:30 horas.

O programa do campamento urbano inclúe obradoiros de cociña, , reciclaxe e chapas, ademáis de xogos deportivos e tradicionais. Na xornada de hoxe tamén tiveron unha charla na que lles explicaron como tratar aos cans e interactuar con eles. O venres será a despedida cunha festa de fin de campamento con inchables.

O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira Patricia Bello visitaron aos participantes nas propias instalacións nas que se realiza o campamento urbano.